Campaña de Inverno 2020. Estación Invernal Cabeza de Manzaneda

Ven, 15/11/2019

Campaña de inverno da Deputación da Coruña conta con tres prazas para o Concello de Mesía, poderán acudir rapaces/zas  de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

2ª Quenda--->do 31/01/2020 ao 03/02/2020

Inscrición:  Ata o 4 de decembro, no concello.

Terán prioridade aqueles que nunca participaran na campaña . No caso de haber mais xente que prazas realizarase un sorteo entre os inscritos.

 

Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense), ademáis dos cursiños de esquí. 

Inclúe: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de cabeza de Manzaneda (Ourense), monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Cota de inscrición: 85,00 € (oitenta e cinco euros)

Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de decembro de 2019.

AMES, ARZÚA, A BAÑA, BOIMORTO, BOQUEIXÓN, CERCEDA, FRADES, MESÍA, NEGREIRA, ORDES, OROSO, O PINO, ROIS, SANTIAGO, TEO, TORDOIA, TOURO, TRAZO, VAL DO DUBRA, VEDRA

A ficha de inscrición e toda a información correspondente á Campaña de Esquí 2020 pódese descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes.