CONCILIA NO NADAL CONCELLO DE MESÍA 2023

Sáb, 02/12/2023
CONCILIA NO NADAL Concello de Mesía 2023

Ofertamos o campamento de conciliación de nadal para nenos/as dende 3 ata 12 anos (escolarizados ata 1º ESO).

Prazas: Limitadas. Ocuparanse por rigorosa  orde de inscrición.  Do 4 ata o 18 de decembro. Cubrir a FICHA INSCRICIÓN adxunta nesta Nova, e mandala por correo electrónico casadacultura@concellodemesia.gal

Datas:   Do 22 de decembro a 5 de xaneiro.

Horario:    08:30 a 09:30h. Aula concilia.

                09:30 a 14:00 h. Campamento.

Prezo: 10€.

Caract. actividade: As actividades terán lugar na Casa da Cultura e no CPI de Xanceda. Faranse obradoiros culturais, cociña, xogos nadal, bailes, disfraces, contacontos, etc.