CONCILIA XOVE EN NADAL

Mér, 20/12/2023
CONCILIA XOVE - Concello de Mesía

Actividade dirixida a  rapazes/as de 14 a 16 anos.

Trátase de pasar unhas vacacións facendo actividades novidosas á vez que interesantes, e nas que exploraredes: a vosa creatividade, o sentido do ritmo, e enfrentedes a posibilidade de defendervos  dos pequenos riscos do día a día.

As actividades propostas son: Baile moderno, grafiti, primeiros auxilios e defensa persoal.

Lugar : Brañas da Valga de Visantoña.

Días: 2, 3 e 4 de xaneiro.

Prezo: 10€, as tres actividades.

Inscrición: ata o 27 de decembro. Mandar un  correo a casadacultura@concellodemesia.gal coa folla de inscrición adxuntada nesta nova.