CONTAMOS DELAS

Ven, 01/03/2024
CONTAMOS DELAS

 O Concello de Mesía, co motivo do Día Internacional da Muller, propón o concurso Contamos DELAS, como un medio para visibilizar o papel da muller na historia pasada e presente

En marzo teredes tempo para facer protagonista dunha historia á muller que vós queirades.

Trátase de facer un texto baseado na biografía dalgunha muller, famosa e coñecida, actual ou do pasado. A historia teredes que contala coma se vos fósedes a protagonista e en primeira persoa. O relato pode ser baseado totalmente na realidade ou ser inventado pero debe conter algo do pasado ou presente desa muller, resaltando sempre aquelo polo que é coñecida. Ao remate do relato debe figurar: "baseado na historia de (o nome da muller famosa que vos inspirou a historia) para que o xurado poida apreciar que efectivamente contén trazos para identificar a protagonista.

Como anexo a esta nova tedes o arquivo para ver as Bases do concurso.