Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

Ven, 11/10/2019
Curso de Autodefensa para mulleres ante situación violentas

A secretaria xeral de igualdade concedeu o Concello de Mesía un curso de “AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”.

Dito curso será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade Do Estado.

Terá lugar os días 23 e 24 de outubro en horario de 10.30 a 14.30. Na Casa da Cultura de Xanceda.

Prazas: 10

Inscricións: Concello de Mesía ata o 15 de outubro. Telf: 981687007. Ext-3