DEPORTE SOLIDARIO: CADROS DOS TORNEOS

Sáb, 01/04/2023
CARTEL XII  TORNEO MESIA CONTRA O CÁNCRO

O deporte solidario regresa ao Concello de Mesía nesta ocasión en semana Santa, por non poder facela no Nadal pasado.

O 5 de abril comezan dúas xornadas maratonianas de fútbol sala no pavillón de Olas: o mércores co V TORNEO INFANTIL MESÍA SOLIDARIA durante a tarde recadando cartos para AMARAI Asociación de Persoas con Discapacidade, radicada en Boimorto, en horario 15:00- 20:00h. E o xoves 6 de abril remataremos a mediodía tras a disputa durante toda a mañan do XII TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO a favor da AECC en horario 9:30- 14:30h.

Aquí tedes explicado o sistema de competición. Animádevos a achegarvos para ser solidarios e desfrutar dos espectáculos!

O Torneo infantil solidario conta ca participación de 10 equipos, que xogarán 2 partidos nos seus grupos de un solo tempo 25 minutos a crono corrido.

  • En categoría BASE (9-11 anos) xogarán unha liga todos contra todos, con penalties ao rematar cada encontro para evitar empates na clasificación. Participan VISANTOÑA, EDM CURTIS E JOGAFÁN ORDES FS.
  • En categoría MAXI (12-14 anos) xogarán unha liga todos contra todos, con penalties ao rematar cada encontro para evitar empates na clasificación. Participan ALL STARS, EDM CURTIS E JOGAFÁN ORDES FS.
  • En categoría MINI (6-8 anos) cambia o siistema ao ser 4 equipos: compiten en semifinais duas equipas do VISANTOÑA, EDM CURTIS E JOGAFAN ORDES FS. Deste partido xa saen os postos na final (gañadores da semi) e no 3-4º posto (perdedores da semi).
  • Tras a competición infantil xogaremos un partido amigable mesturados cos compañeiros de Amarai, para rematar ca entrega de medallas, trofeos e da recadación a AMARAI.

O Torneo contra o cáncro conta con 5 equipos en categoría homes, que xogarán unha liga todos contra todos en 2 grupos, buscando acadar un posto nas semifinais (os 2 primeros clasificados de cada grupo). Partidos son de un solo tempo 25 minutos a crono corrido. Equipos participantes: Olas, Visantoña, Mesía, CCD Curtis e  EkateOrdes. A competición feminina con 2 equipos xogará un partido final directamente Concello de Mesía contra O Parrulo FS (Maruxainas de nata).

 

Horarios:Liga comeza 9:30, semis 11:30, as finais 12:30 e a entrega doazón e trofeos 13:45 h.

Agradecementos as empresas que colaboran no XII Torneo Mesía contra o cáncro e os patrocinadores:  RAMÓN GARCÍA, EPIFANIO CAMPO SL e ERIMSA.

 

 

 

 

Galería de imaxes: 
CADRO DO XII TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO
CADRO DO V TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIA