HOXE CONCLUÍRON AS TRES XORNADAS DE CACHIBOL INCLUÍDAS NA PROGRAMACIÓN DE NADAL

Mar, 05/01/2016
Cachibol de Nadal

Este mediodía concluíron no pavillón polideportivo municipal en Olas as tres xornadas que o Concello de Mesía reservou para a práctica do cachibol na súa programación de Nadal.

Nestas sesións participaron unhas vinte persoas. Desenvolvéronse os días 21 e 28 de decembro e 5 de xaneiro, entre as once da mañá e as doce e media do mediodía.

Esta actividade foi gratuíta e aberta a todos os participantes, non só ás persoas que durante todo o curso participan nas clases de cachibol da programación xeral de actividades.

Conseguiuse ademais o propósito de que nestas tres xornadas o xogo fose máis familiar, xa que, tal como aconsellara o Concello, os participantes acudiron en compañía de fillos, netos, pais, avós, veciños... Deste xeito, o deporte estivo tamén ao servizo da diversión e da convivencia veciñal e interxeracional.

Ata a xornada de hoxe achegouse o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias. Todos xuntos aproveitaron para brindar pola saúde e a prosperidade no novo ano que acaba de comezar.