II GALA INTERMUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA EN OLAS
Mér, 03/04/2024
Xa está de volta a II Gala intermunicipal de ximnasia rítmica que organiza o Concello de Mesía.
Será este domingo 7 as 11:00 h no Pavillón de Olas.
A nosa Escola deportiva municipal de X.R. Mesía , que conta con 20 ximnastas, fará a súa exhibición xunto con outras escolas e clubes da contorna coma: o Concello de Carral con X.R. Carral e Club X.R. Carral, e o Concello de Cambre con X.R. Brexo Lema e A.D. Mórrigan.

En total participarán 130 deportistas.