AS INDEMNIZACIÓNS POR SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS PODEN SOLICITARSE ATA O 30 DE NOVEMBRO
Xov, 15/01/2015
O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria autonómica de axudas para a indemnización polo sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.
Os beneficiarios destas achegas poderá ser os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán propietarios de animais e/ou produtos que foron sacrificados/mortos e/ou destruídos de forma obrigatoria por parte da Consellería, autoridade competente en sanidade animal, e por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades animais.
Para ter dereito ás indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Tamén é de obrigatorio cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais; que as explotacións gandeiras estean correctamente rexistradas; e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola autoridade sanitaria competente.
Prazo de solicitudes e resolución
O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 30 de novembro de 2015. O prazo máximo para a resolución dos expedientes é de cinco meses, contados desde o inicio do procedemento de concesión, segundo a Xunta.
No caso de que durante a instrución do ano 2014 houbese solicitudes de indemnizacións presentadas en tempo e forma por persoas interesadas, así como informes para proposta de resolución emitidos polos servizos de gandaría provinciais, e que non se puideron tramitar durante o ano pasado, teranse en conta no procedemento de concesión de indemnizacións para este ano 2015 e ao abeiro desta rode, sen necesidade de que ditas persoas interesadas presenten un novo formulario de solicitude, de acordo co que explicou a Consellería de Medio Rural.