IX CERTAME DE BANDA DESEÑADA

Ven, 29/05/2020
IX certame banda deseñada

Este ano seguimos co noso tradicional certame de Banda deseñada, aínda que con novas normas provocadas polas circunstancias que estamos a vivir.

O certame está dirixido ó alumnado do CPI de Xanceda e das unitarias de Olas e Visantoña.

A Banda deseñada será tamaño folio, terá que ter como mínimo dúas esceas ou viñetas. Será realizada en lingua galega. Só se poderá usar lapis, pinturas ou rotuladores.

O tema do debuxo é libre pero valorarase que estea relacionada con “Ricardo Carvalho Calero” e a súa obra.

Outorgarase un premio por ciclo de cada etapa (infantil, primaria e ESO), sempre que haxa participación suficiente en todos os ciclos. De non ser así, reduciranse os premios.

Para entregar as vosas obras debedes facelo ao seguinte email casadacultura@concellodemesia.gal. No correo indicaredes o curso. Cada obra terá un número que vos comunicaremos ao recibir o debuxo por @mail, e con ese número concursaredes.

O xurado estará formado por mestres, entre eles o encargado do Departamento de normalización lingüística no CPI de Xanceda, un representante da Concellería de Cultura do concello de Mesía e como presidenta Laura Romero profesional da ilustración.

A data límite para entregar os debuxos é o 30 de maio.

O premio terá un valor de 40 € en libros ou material escolar.

Calquera dúbida podedes chamar o Concello de Mesía 981687001.