LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE MESÍA

Ven, 07/05/2021
LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE MESÍA

A próxima semana comezamos cas actividades das Letras galegas 2021 que abarcan actuacións nas escolas e a proxección dunha película.

ACTUACIÓNS NAS ESCOLAS

  • "OS CONTOS DA BRUXA CHISPÚN": Obradoiro arco da vella - Teatro Calavera - 12 e 13 de maio nas Escolas unitarias
  • "ORELLA PENDELLA": Migallas Teatro - 13 de maio  no Cpi de Xanceda - 2 Sesións : Infantil e 1º e 2º ciclo EP
  • OBRA XELA ARIAS: Obradoiro co libro "PALABRA Á INTEMPERIE"  (BAíA EDICIÓNS) - Emma Pedreira e Laura Romero - 13 de maio no CPI de Xanceda - 2 sesións :  3º ciclo de Primaria e ESO.  A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

 

PROXECCIÓN AO AIRE LIBRE

Da película "A GALIÑA TURULECA":  o 21 maio ás 21:30 na  Praza de Cabrui. Inscricións ata o 20 maio ata as 14 h. por WASAP ao Tlf. 699 453 750.