LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS-EXCLUIDOS/AS E DE AGARDA PRAZAS PAI CURSO 2023/2024

Mér, 21/06/2023
PAI OS CAMIÑOS

O Concello de Mesía no día de hoxe, 21/06/2023, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, a lista provisional de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2023-2024.

Ábrese un prazo de dez días hábiles (ata o 05/07/2023) a efectos de que os/as interesados/as fagan as alegacións ou presenten os documentos e xustificantes que estimen oprotunos no Rexistro xeral do concello.

Unha vez rematado este prazo publicarase a lista definitiva de admitidos/as-excluídos/as e de agarda e abrirase un prazo para a presentación da matrícula e aceptación da praza.

Poden consultar o listado no arquivo abaixo adxunto.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.