LISTA PROVISIONAL AXUDAS EQUIPAMENTO INFORMATICO CURSO 2023-2024

Mér, 13/12/2023

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 190 do 04/10/2023.

Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 15/12/2023, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.

Poden ver a dita lista no documento adxunto.

Calquera dúbida poden chamar ao concello ao 981687001.