O 1 XUÑO CELEBRARANSE AS FESTAS DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES E ESCOLAS MUNICIPAIS 2017 - 18

Mar, 29/05/2018
CARTEL FIN CURSO MESIA 17 18

O venres 1 de xuño 2018 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda as Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do presente curso.

As exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda; darán comezo ás 16:30.

As 21.30 será o turno para que os adultos e maiores fagan tamén exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.

As escolas municipais infantís foron: xogos psicomotores, pequebaile, iniciación a patinaxe, patinaxe artístico, aerobic primaria 1, 2  e aerobic secundaria, baile e música galega e tamén inglés e informática en varios grupos. A novidade deste ano foi a ximnasia rítmica en dous grupos, así coma o grupo de Visantoña Xogos e Pequebaile.

As actividades de adultos e maiores: ximnasia de mantemento, 3 grupos de pilates, aerobicZumba, cachibol, 7 grupos de ximnasia de maiores, 8 grupos de tempo fora.

Noraboa a tod@s polo movemento! O venres a desfrutar!