O 21 DE OUTUBRO EXCURSIÓN A PORTUGAL E RÍA DE PONTEVEDRA

Mér, 20/09/2017
EXCURSION MESIA 2017

O 21 de Outubro faremos unha excursión por Portugal e a Ría de Pontevedra.

Podense anotar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía ata o 13 de outubro incluído (para máis información chamar ó 981.68.72.38).

O Prezo é de 25€ por persoa que se recollerán no momento de anotarse. 28 € para os non censados.

PLAN 21 OUTUBRO:

8:00: Saída de Mesía.         

Os autobuses farán un percorrido polas paradas habituais das distintas parroquias do Concello para recoller a xente. Sobre o punto de recollida e o horario serán informados no momento de anotarse.

10:00: Parada para almorzar.

11:00: Chegada a Vilanova de Cerveira e visita ó feirón típico desta vila.

14:30: Xantar.

17:00: Parada en Combarro (Pontevedra), onde faremos un percorrido en catamarán desfrutando da vista da ría de Pontevedra, Marín e a Illa de Tambo.

19:00: Saída cara a Mesía.

Galería de imaxes: 
Visitaremos Vilanova de Cerveira