O 31 DE MAIO E O 1 XUÑO CELEBRARANSE AS FESTAS DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES E ESCOLAS MUNICIPAIS 2018 - 19

Lun, 27/05/2019
Festa clausura actividades CONCELLO DE MESIA 2019

As Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do 2018-19 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda.

O venres 31  de maio  as 21:30 será o turno para que os adultos e maiores fagan exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.

O sábado 1 de xuño as 11:00 comezarán as exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda.

As escolas municipais infantís foron: xogos psicomotores, pequebaile, iniciación a patinaxe, patinaxe artístico, aerobic primaria 1, 2  e aerobic secundaria, ximnasia rítmica 1 e 2,  baile e música galega e tamén inglés e informática en varios grupos.

As actividades de adultos e maiores: ximnasia de mantemento, 3 grupos de pilates, aerobicZumba, cachibol, 7 grupos de ximnasia de maiores, 8 grupos de tempo fora.

Noraboa a tod@s polo movemento! A desfrutar!