O APALPADOR VISITA O CPI DE XANCEDA NA FESTA DE NADAL

Ven, 19/12/2014

O CPI de Xanceda celebrou hoxe a súa Festa de Nadal, que contou coa colaboración do Concello de Mesía.

O alumnado dos niveis de infantil e de primaria contou cunha visita moi especial, a da tradicional personaxe do Apalpador. Ademais, asistiron a unha sesión de contacontos e repartíronse caramelos.

Para os rapaces e rapazas da ESO, a principal actividade da festa foi unha sesión especial de Zumba de Nadal, que os animou a bailar e a divertirse.

Galería de imaxes: