Noticias

Lun, 29/09/2025

O Concello de Mesía recibiu hoxe un vehículo que destinará aos Servizos Sociais, concretamente ao servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, e que supón unha mellora na atención social no noso municipio.

A adquisición supuxo unha inversión total de 16.088,44 €, cuantía subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña por unha axuda concedida ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para adquisicón de vehículos para os desprazamentos do persoal SAF de modalidade de libre concorrencia.

Mar, 23/09/2025

O Concello de Mesía aprobou, o 23/09/2025,  por Decreto de Alcaldía núm. 392/2023, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2025-2026 coa finalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, tras a crise provocada pola COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo. 

As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2025-2026.

A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2025.

O día 26/09/2025 saíu publicada a dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29/09/2025 e ata o 31/10/2025, ambos inclusive.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 23/09/2025

O Concello de Mesía aprobou o 23/09/2025,  por Decreto de Alcaldía núm. 393/2025, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2025-2026 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2025.

O día 26/09/2025 saíu publicada a dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29/09/2025 e ata o 31/10/2025, ambos inclusive.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 08/09/2025
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2025 - 2026 - Concello de Mesía

Presentamos a programación municipal do curso 2025- 26 que será do 1 de outubro 2025 ao 31 de maio 2026. O Concello aposta por achegar a veciñanza unha gran variedade de actividades para todas as idades, cun total de 23 actividades a elexir: 13 para crianzas e 10 para rapazada, adultos e maiores. Non te quedes sen a túa praza!

O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN cubrindo en liña o seguinte Formulario de inscrición: https://forms.gle/W9wMXh1GUJc6E1mn9 (abriremos acceso ao formulario o 18 de setembro sobre as 00:00 h.)

Ven, 04/07/2025

O Concello de Mesía no día de hoxe, 04/07/2025, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2025-2026.

Ábrese un prazo dende o día 7 ao 18 de xullo do actual, ambos os dous inclusives, a efectos de que os/as interesados/as acepten a praza e presenten a documentación correspondente.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001

Sáb, 14/06/2025
ANDAINA POPULAR - CONCELLO DE MESIA 2025

Imos ca  TERCEIRA  edición da ANDAINA POPULAR  que xurdiu para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular. Tamén queremos fomentar o descubremento das parroquias do Concello e as súas riquezas paisaxística e social.

Mar, 10/06/2025
CALENDARIO Verán 2025 - Concello de Mesía

Temos programadas actividades diversas para todas as idades: campamento de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, formación dixital, saídas a praia ao aquapark, multiaventura e de sendeirismo. Gozaremos de actuacións variadas e dos eventos deportivos III Andaina Popular e Torneo de fútbol interparroquial, e como non,  a festa da auga.

Adxuntamos a Folla de inscrición imprescindible para anotarse.

Xov, 22/05/2025

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.

O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Mellora da Pista de Pereiruga a Arosa (Xanceda)"  co fin de continuar cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal,xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. e para a redacción dun "Estudo Integral da Rede Viaria Municipal" co fin optimizar os recursos públicos de cara a un desenvolvemento ordenado da rede viaria municipal, e, a partir dunha análise da rede existente, poder priorizar aquelas intervencións relacionadas coa ampliación, mellora e/ou mantemento da rede viaria existente, co fin de facilitar o tránsito de insumos e/ou de produtos entre as explotacións agrograndeiras e os mercados, reducir os custos de explotación, así como minimizar os desprazamentos e mellorar as condicións de vida da poboación rural.

Mér, 21/05/2025


O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C 04/2025.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 03/06/2025 ás 23.59 horas. 

Máis información en "Ler máis"
 

Mar, 13/05/2025



O Concello de Mesía publica, por solicitude das alumnas de 3º da ESO do CPI de Xanceda, o seu proxecto sobre a cultura mediambiental relativa aos coches, realizado en materia de cultura financeira.


Pódese ver o dito proxecto en "Ler máis".

Páxinas