O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A RIBADEO, PRAIA DAS CATEDRAIS E MONDOÑEDO PARA O SÁBADO 30 DE ABRIL

Xov, 07/04/2016
PRAIA DAS CATEDRAIS

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía organiza para o sábado 30 de abril unha excursión pola Mariña Lucense cun prezo de 25€ por persoa que se recollerán no momento de anotarse (28 € para os non censados).

HORARIO DA XORNADA:                                                                                                                                      

8:00: Saída de Mesía.         

Os autobuses farán un percorrido polas paradas habituais das distintas parroquias do Concello para recoller a xente. Sobre o punto de recollida e o horario serán informados no momento de anotarse.

Faráse una parada para almorzar durante o traxecto.

10:30 Tempo libre para pasear por Ribadeo, fermosa vila da Mariña Lucense, onde poderemos ver a Torre de los Moreno, a Plaza de España, a rúa peonil con infinidade de negocios de hostalería e comercio….

13:30: Xantar en Ribadeo

16:00: Visita á Praia das Catedrais.      

18:00: Visita á histórica vila de Mondoñedo.

19:00: Saída cara a Mesía.

       

ANOTARSE no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía ata o 25 de abril incluído (para máis información chamar ó 981.68.72.38).