O DEPORTE DE MESÍA IMPLÍCASE NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CUN VÍDEO QUE SE DIFUNDE NAS REDES SOCIAIS

Sáb, 22/11/2014

Contra a violencia de xénero, cada día conta. Esta é a mensaxe que transmite o vídeo elaborado polo mundo do deporte do Concello de Mesía con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o vindeiro martes, 25 de novembro.

Na elaboración desta peza audiovisual, que xa se pode ver en youtube, implicáronse os participantes das múltiples escolas deportivas municipais e actividades físicas para xóvenes, adultos e terceira idade, ademais dos dous equipos federados do municipio: o Visantoña CF e o CD Mesía.

Con este vídeo, pensado para difundirse de xeito masivo a través das redes sociais, Mesía súmase á campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero emprendida polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Nesta iniciativa, pretendeuse que as persoas e entidades vinculadas ao deporte en toda a comarca asumisen un papel activo de rexeitamento a esta problemática social.

O Concello de Mesía agradece todas as colaboracións para elaborar o vídeo e anima a toda a poboación a compartilo a través das súas redes sociais, co propósito de que chegue ao maior número de persoas posible e de contribuír a erradicar a violencia de xéner.

Para ver o vídeo en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=26fc7lW1274
Para compartir o vídeo en facebook: http://www.facebook.com/sharer.php?u=https://www.youtube.com/watch?v=26fc7lW1274
Para levar o vídeo en twitter: http://twitter.com/home?status=https://www.youtube.com/watch?v=26fc7lW1274