O SÁBADO 17 DE MARZO DESPLAZARANSE DOUS AUTOBUSES DE EXCURSIÓN A PONFERRADA - BIERZO

Mar, 13/03/2018
CASTELO DE PONFERRADA MESIA 2018

O Concello de Mesía organiza unha nova excursión, esta vez a Ponferrada-Bierzo. Os dous autobuses xa están completos. Agardamos que xs veciñxs pasen un bo día!

O horario do sábado 17 de marzo 2018 será:

8:00: Saída de Mesía. Os autobuses farán un percorrido polas paradas habituais das distintas parroquias do Concello para recoller a xente. Sobre o punto de recollida e o horario serán informados no momento de anotarse.

10:00: Parada para almorzar (almorzo incluído no prezo).

11:00: Chegada a Ponferrada, onde teremos as seguintes opcións:

- Tempo libre para pasear polo casco histórico e mercar na tradicional feria dos    sábados.

- Visita libre ó Castillo de los Caballeros Templarios (NON incluído no prezo da excursión).

No momento de anotarse, deberase optar por unha das dúas visitas.

14:30: Xantar en Ponferrada.

17:00: Visita guiada á adega do Palacio de Canedo (grupo Padra a Tope), con degustación de produtos da zona.

19:00: Saída cara a Mesía.

Galería de imaxes: 
PALACIO DE CANEDO MESIA 2018