O SÁBADO 2 DE MARZO SERÁ FESTA DE ENTROIDO NO PAVILLÓN DE VISANTOÑA

Mar, 26/02/2019
ENTROIDO MESIA 2019

O vindeiro sábado 2 de marzo celebraremos o Entroido cunha gran festa chea de disfraces, inflables, talleres e moito máis.

Os/As rapaces/zas que participen no Desfile de disfraces recibirán un agasallo.

Disfruta dunha tarde chea de diversión e merenda connosco. Haberá chocolate e rosca para todos/as.

Agardámosvos ás 16:00 no Pavillón de Visantoña!!