O SÁBADO 22 DE AGOSTO: SEGUNDA ACTUACIÓN DE "CULTURA NA CAMPOSA"

Ven, 14/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA

Seguimos cas actuacións de CULTURA NA CAMPOSA  con  CULTURAACTIVA PRODUCCIÓNS e a sua obra de TEATRO  "SAABOR!".

O espectáculo está encadrado dentro da Rede cultural da Deputación da Coruña e  realizada grazas a Deputación da Coruña e ao Concello de Mesía.Tratase dunha comedia entre dous cociñeiros para facer un menú divertido.

Será o sábado 22 de agosto  ás 17: 00 h. no  Campo das piscinas municipais en Xanceda.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

Ao longo de agosto continuaremos con esta  programación o aire libre,  chea de grandes artistas e de bos espectáculos, unha boa camposa e unha boa sombra  onde poderedes  sentarvos  a desfrutar .Só falta o público para elo contamos que vos acheguedes. Os espectáculos son para público familiar, de seguro que vos vai encantar!!!