O SORTEO "MERCAMESIA 2020" SERÁ O 8 DE XANEIRO AS 12:00 HORAS

Xov, 07/01/2021
FURNAS COS BOLETOS MERCAMESIA 2020

Xa temos os Boletos nas súas furnas no salón de plenos, agardando ao Sorteo.

A extracción dos boletos gañadores realizarase mediante sorteo público o día 8 de xaneiro de 2021  ás 12:00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial; sendo o público admitido por orde de chegada ata un máximo de dez persoas, que completaría o aforo da sala de acordo coa normativa de distanciamento motivada polo Covid-19.

A composición da comisión do sorteo é a seguinte:
- Presidenta: a concelleira de educación, cultura, igualdade e xuventude, 1º tenente de
alcalde, Dª Pilar Sánchez Ulloa.
- Vogal: a monitora de tempo libre, Dª Laura Pérez Vidal.
- Secretario: o do concello, D Eladio Bendaña Pardo.

O sorteo comezará co depósito dos boletos participantes para proceder á súa posterior mestura. A continuación extraeranse ao azar cantos boletos sexan necesarios para outorgar todos os premios. Ademais, extraeranse 30 números adicionais de reserva.

Os boletos agraciados publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal http://www.concellodemesia.gal/.

Achegamos o documento oficial do ANUNCIO DO SORTEO: