O XI TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA XOGARASE DURANTE TODO O MES DE AGOSTO 2018

Mar, 31/07/2018
XI TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2018

O prazo de inscrición para o XI Torneo de tenis remata o 2 de agosto, enviando un mail ca Folla de inscrición ao mail elenarocamoro@concellodemesía.gal

Esta é a undécima edición do Torneo de tenis non profesional organizado polo Concello de Mesía, que se xogará nas pistas de Xanceda en 3 categorías: individual feminina e masculina, e dobres mixto.
No evento do Facebook Deporte Concello de Mesía seguiremos o Cadro, resultados e Imaxes do Evento.

Os sistemas de competición:
INDIVIDUAL MASCULINO: deportistas perdedores nas dúas primeiras rondas xogarán partidos entre eles pola Copa de Plata. Os gañadores accederán á Semifinais da Copa de ouro. Finais durante o día 25 de agosto.
INDIVIDUAL FEMININO: sistema liguilla.
DOBRES por eliminación automática ao mellor de 2 sets.
Finais: 25 de agosto

Colabora: Coca Cola

Galería de imaxes: 
NORMATIVA TORNEO TENIS