OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III

Mar, 10/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis, nunha empresa situada dentro do ámbito municipal e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

Neste obradoiro participarán un total de 20 alumnos-traballadores e as especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.


Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.

Na selección terán preferencia, en xeral, as persoas emigrantes retornadas; as mu­lleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotaran as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as per­soas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualifi­cación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.

Todas aquelas persoas interesadas deberán anotarse, na Oficina de Emprego de Ordes, para participar no dito obradoiro de emprego como data límite o 13.11.2020, inclusive. Dada a situación de pandemia pola COVID-19, para poder acudir á Oficina de Emprego de Ordes deberán pedir CITA PREVIA nos número de teléfono: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/457), a través da páxina:  http://emprego.xunta.gal ou a través da aplicación: MOBEM.


Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Para calquera cuestión sobre o dito obradoiro poden informarse no Concello o una propia Oficina de Emprego.