OS REIS MAGOS ACODEN A MESÍA A RECOLLER AS CARTAS DOS ESCOLARES DAS UNITARIAS DE MONTAOS, OLAS E VISANTOÑA

Ven, 12/12/2014

Os nenos e nenas das escolas unitarias de Montaos (Ordes) e de Olas e Visantoña (Mesía) celebraron hoxe a súa Festa de Nadal na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda. A celebración foi organizada polos seus centros educativos, en colaboración co Concello de Mesía, e contou coa visita dos Reis Magos, que en vez de enviar os seus paxes reais decidiron acudir en persoa a recoller as cartas nas que os escolares expresan as súas peticións do que queren recibir durante a noite do 5 ao 6 de xaneiro.

Os Magos de Oriente, que repartiron lamberetadas entre os nenos e nenas, tomaron boa nota de todo e asistiron tamén ás actuacións infantís, contempladas ademais polos seus pais e avós. Durante a festa, entregáronse tamén os premios do Concurso de Postais de Nadal, para rematar cunha merenda con chocolate.

Galería de imaxes: