PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021

Mar, 01/09/2020
Cartel Publicidade

Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do Proxecto denominado “Camiño de Pereira a Campo das Cruces (Albixoi) e outros” co fin de continuar cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operación agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.