PROGRAMA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA 2020

Ven, 19/06/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA  2020

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, nas que gardaremos as medidas preventivas requeridas pola COVID - 19.

Escolas e campus infantís e para adultos, con diversas actividades deportivas (natación, tenis e bádminton, ximnasia Circuitos, aerobic -zumba, patinaxe, aquagym) e cursos de formación (pintura e informática adultos e rapaces/zas)

Este verán non poderemos facer algúns eventos e saídas, as que estabamos habituados, coma medida preventiva polo Covid-19; agardamos voltar a normalidade nas escolas de inverno.

Toda a información sobre as actividades está recollida no PROGRAMA DE ACTIVIDADES que adxuntamos no anexo.

A folla de inscrición pode entregarse na Casa da cultura, no Concello ou por mail a casadacultura@concellodemesia.gal: ATENCIÓN A MARCAXE DE SEGURIDADE PARA TODOS POLA COVID-19.

Inscircións do 22 o 29 de xuño para as Escolas de Verán.

BO VERÁN!

Galería de imaxes: 
folla inscrición
CADRO ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA  2020