RÉCORD DE INSCRICIÓNS NAS IX CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE MESÍA 2019

Xov, 01/08/2019
carreira mesia 2017

Ven de rematar o prazo de inscriccións para as IX CARREIRAS POPULARES do 3 de agosto de 2019

Lembramos que xa non se admiten máis inscricións, nin o día da Carreira.

AVISO: CORTES TRÁFICO 19:00-20:30 por zonas en Olas e Visantoña. Desculpen as molestias.

Temos o número de inscritos máis elevado dende que facemos a carreira, polo que queremos agradecelo a 336 inscrit@s!!

164 para a 12K

83 para a 6K

12 para a Cadete

18 para a Alevín

27 para a Benxamín

23 para Pituf@s

 

Información do evento:

CARACTERÍSTICAS: Saída e chegada: Campo de fútbol de Visantoña. Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Avituallamento na de 12 km. Haberá algo para picar ao rematar o evento.

HORARIOS do sábado 3 de agosto

17:30 h. - 18:30 h. Recollida de dorsais (para todas as carreiras).

19:00 h. MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESÍA (6 kms).

19:10 h. VIII CARREIRA CONCELLO DE MESÍA (12 kms)

20:15 h. CARREIRAS DE BASE (resto de categorías) comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS:

CATEGORÍAS DE BASE:

Pitufos-as: 0 a 5 anos_200 m.     

Benxamíns: 6 a 9 anos_800 m.

Alevíns: 10 a 13 anos_1.600 m.   

Cadetes: 14 a 17anos_3.000 m.

IX CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS

Senior: 18 a 34 anos.                       

Veteranos-as A: 35 a 44 anos.       

Veteranos-as B: 45 a 54 anos.        

Veteranos-as C: 55 a 64 anos. 

Veteranos-as D: 65 en adiante.

MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS

Senior: 17 a 34 anos.                     

Veteranos-as A: 35 a 49 anos.

Veteranos-as B: 50 en adiante.

PREMIOS: Trofeos aos tres primeiros de cada categoría, aos 1º/1ª da Xeral da Carreira e tamén ao/a corredor/a de maior idade (independentemente sexa feminino ou masculino), e medallas tamén para todos os das categorías de base.

COLABORADORES: Carpintería Ramón García, Correr en Galicia, Coca cola, Argal, Restaurante Canaima, Restaurante Barreiros, Restaurante Avelino, Pascual, Clube Atletismo Ordes, Atlética A Silva, Cerámica Verea, Cerámica Campo, Panadería Visantoña, Panadería A Tilleira, Panadería Boga, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería Pedro Fernández, Panadería de Abellá, Panadería Pérez de Xanceda, Restaurante Manteiga, Grupo Presedo, Froitería A Nova, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho de Betanzos, Progando, Abanca, Eroski, Un amigo con fondo rojo, Protección Civil de Carral, Sigüeiro, Abegondo, veciños de Olas, Visantoña e Mesía.