REMATOU O CAMPA DE CONCILIACIÓN CONCELLO DE MESÍA 2020 CON MÁIS DE 40 RAPACES E RAPAZAS

Mér, 05/08/2020
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA

Do 6 ao 31 de xullo trancorreron as 4 semanas de campamento no Concello de Mesía para que as familias puideran ter para os/as fillos/as unha actividade divertida e de conciliación de 09:30 a 14:00 h.

Realizáronse obradoiros, ximkanas, saída ao cine, días temáticos, xogos tradicionais, actividades predeportivas e xogos nas piscinas.

Tivemos visitas ao noso Campa:

  • de Xogos do Paporrubio: actuación, xogos tradicionais, carreiras de tartarugas, caza do xigante, etc.
  • da Mancomunidade de Ordes: cunha Ximkana de Igualdade.
  • de Teatro Calavera: cunha actuación teatral "Chocolate" e cun obradoiro de cociña elaborando brochetas de froitas con chocolate.

Agradecemos a colaboración co Campa de CASA GRANDE DE XANCEDA: cun "Tesouro de Iogures bebibles" para a ximkana do Día de América. Así coma os detalles de Abanca e Bar de María na ximkana de "Coñece Mesía".

O campamento foi gratuíto, xa que estivo subvencionado polo CONCELLO DE MESIA e a SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA.

Desexando que teñades bo verán deixamosvos con máis imaxes: entrade no ÁLBUM DO CAMPA da páxina do FACEBOOK DEPORTES CONCELLO DE MESIA.

Galería de imaxes: 
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA
CAMPA XOECON 2020 CONCELLO DE MESIA