SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS

Mér, 26/05/2021


O Concello de Mesía informa de que a Axencia Instituto Enerxético de Galicia, da Xunta de Galicia, publicou no DOG núm. 96, do 25.05.2021, a Resolución de 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.



OBXECTO
O obxecto desta convocatoria é a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a biomasa, a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

BENEFICIARIOS

Podrán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades sen ánimo de lucro.
b) As empresas legalmente constituidas e autónomos.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluidos do ámbito de aplicación do Reglamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.3, entre as que figuran:
a)   As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Reglamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.
b)   Aquelas que operan na transformación e comercialización dos productos agrícolas:
•    Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
•    Cando a axuda esté supeditada a que unha parte ou a totalidade desta repercutise aos produtos primarios.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluidas na sección A, concretamente as clases dende a 1.11 á 02.40, ambas excluidas.

INTENSIDADE MÁXIMA DA AXUDA
A cuantía máxima da axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación e tendrá as siguientes intensidades, con carácter xeral, por tipo de beneficiario:
- Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica): 80%
- Empresas, a suas agrupacións e asociacións, así coma entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Só se admitirán as solicitudes presentadas electrónicamente a
través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
•    Inicio: dende o día 26 de maio de 2021
•    Fin: 27 de xuño de 2021.

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou premendo no seguinte botón "ENLACE AO INEGA"