TORNEO INTERPARROQUIAL FÚTBOL 2023: ABERTO PRAZO INSCRICIÓNS EQUIPOS

Xov, 06/07/2023
TORNEO INTERPARROQUIAL FÚTBOL 2023 - Concello de Mesía

Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2023 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os días 15 e 16 de xullo.

DATAS ESTIMADAS (en función de equipos inscritos en cada categoría):

O sábado xogan os peques: COMPETICIÓN FÚTBOL 8 - Categoría BASE: 9 – 12 anos e COMPETICIÓN FÚTBOL 5 - Categoría MINI:  5 - 8 anos.

O domingo 16 de xullo pola mañan: COMPETICIÓN FÚTBOL 11 OU 8 - Categoría MAXI: 13 – 16 anos, e a tarde COMPETICIÓN   FÚTBOL 11 - Categ. ADULTOS e máis de 16 anos.

CARACTERÍSTICAS:

Torneo de fútbol no Campo de herba artificial de Visantoña. Xogarase unha liga todos contra todos, por categorías e o mellor puntuado gaña.

Presentación dos equipos para cotexar documentos: media hora antes do inicio dos seus encontros (presentar DNIs ou documentos acreditativos).

INSCRICIÓN ATA O 10 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia).

Enviando o cadro de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ou tlf: 609353115.

SORTEO:

Sorteo do cadro de competición o 11 de xullo no Concello.

Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook o  día 11 de xullo.