VENRES 20: XOGOS MESIA EN LIÑA "MIRAMOS DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Mar, 17/11/2020
XOGOS MESIA EN LIÑA "MIRAMOS DE  FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O Concello de Mesía proponvos este evento en liña xa que non podemos facelo presencial. É o segundo que facemos, tras o éxito do de Samaín.

Animámosvos a participar nesta Xuntanza familiar en liña con motivo do 25N: Laura e Elena conectaránse para dinamizar esta xuntanza da rapazada máis os seus pais/nais/titores: con contos, xogos, e cancións ca temática contra a violencia de xénero.

Solo precisades estar acompañados dun adulto e enviarnos cuberta a  AUTORIZACIÓN (ver en galería imaxes) o teléfono: 699453750 e así recibiredes a ligazón para entrar a xogar ese día.

Faremos sesións diferentes por idades nestes horarios:

  • 17:00 h.    Grupo   de   Infantil
  • 17:45 h.   Grupo   de   Primaria
  • 18:30 h.   Grupo   de   Secundaria

Conectádevos co ordenador preferentemente, senon con tableta ou móbil o venres 20 de novembro, cada un no seu horario.

Galería de imaxes: 
AUTORIZACION XOGOS CONTRA A VIOLENCIA 2020