A XUNTA PROHIBE AS QUEIMAS ATA NOVO AVISO

Ven, 13/06/2014

O Concello de Mesía informa de que a Xunta decidiu hoxe prohibir as queimas ata novo aviso polas condicións meteorolóxicas. De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

A prohibición entra en vigor mañá mesmo e tomouse tendo en conta as condicións actuais de temperatura e vento, ademais das previsións para os vindeiros días. Esto implica que tamén quedan en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

Segundo a Xunta, a decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural e do Mar pediu de novo colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. O Concello de Mesía súmase a esta petición.