A XUVENTUDE DE MESÍA DE ENTRE 14 E 18 ANOS PODERÁ PARTICIPAR EN "DESEÑANDO O TEU FUTURO"
Xov, 22/06/2017
A Mancomunidade de Ordes en colaboración cos concellos da Comarca de Ordes vai levar a cabo o programa “Deseñando o teu futuro”, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, cuxo proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos.
De conformidade co artigo 7 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.
Obxectivos:
Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
Axudar aos mozos/as na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
Achegar aos mozos e mozas ao mundo sociolaboral.
Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.
Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.
Prazas: 30 participantes.
Sectores: administración, carpintería metálica, automoción, panadería, carpintería de madeira, sector lácteo, hostalería, industria da madeira, sector agrícola.