Actividades

Mar, 30/04/2024
RUTA SENDEIRISMO 2024-25: VÍA VERDE DE OROSO A ORDES - Concello de Mesía

Adxuntamos imaxes da segunda saída de sendeirismo da tempada do Grupo de Sendeirismo Municipal do Concello Mesía.

Xuntámonos 27 persoas para percorrer os 10 kms do camiño sen costas e ben coidado, dende a Estación de Oroso ata a Estación de Pontregas en Ordes.

Avisamos xa da seguinte data de ruta, na que pasearemos a beira do mar dende a Praia de Soesto a Corme, o domingo 26 de maio.

Prezo en función dos inscritos: entre 10€ e 15 €.

Inscricións no 609353115.

Mar, 26/03/2024
1ª RUTA SENDEIRISMO 2024-25: VÍA VERDE DE CERCEDA A ORDES Concello de Mesía

Adxuntamos imaxes da saída de sendeirismo ca que inauguramos a tempada do Grupo de Sendeirismo Municipal do Concello Mesía.

Xuntámonos 33 persoas para percorrer os 11 kms do camiño sen costas e ben coidado, dende a Estación de Queixas ata a Estación de Pontregas en Ordes.

Avisamos xa da seguinte data de ruta, na que faremos o tramo de Oroso a Ordes, o domingo 21 de abril.

Prezo 6 €.

Inscricións no 609353115.

Ven, 25/08/2023
Cadros Finais - XIII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2023

O sábado 26 de agosto serán as finais do XIII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2023 que se xogou durante o mes de agosto.

A final feminina será as 18h. e a masculina as 12h.

Os finalistas recibirán trofeos ao rematar os partidos que os acreditarán como campións ou subcampioas do Torneo.

Partidazos de tenis nas pistas de Mata - Xanceda.

Dom, 16/07/2023

A parroquia de Mesía proclamouse campioa do Torneo deste ano, e o Visantoña acadou a 2ª posición por Golaverage, tras empatar na liguilla xogada co Olas e o Xancumbraos.

Achegáronse uns 100 veciños e veciñas do Concello a desfrutar da tarde de fútbol no verán, e participaron 4 equipos cun total de 50 xogadores.

 

Mar, 16/05/2023
RUTA III DE SENDEIRISMO: A LAXE - SOBRADO  Concello de Mesía

O domingo 21 de maio faremos a terceira saída de sendeirismo do ano. Serán uns 8 kms de A Laxe ata Sobrado.
A saída será as 10:00 h da Praza do concello en Xanceda. Tras a andaina faremos unha visita ao Mosteiro de Sobrado dos monxes.

Recollense inscricións ata o 18 de maio na Casa da cultura. Coste 5€ ao subir ao bus.

Mér, 12/04/2023
RUTA SAN PEDRO DE MEZONZO A LAXE

O domingo 16 faremos a seguda saída de sendeirismo do ano. Serán uns 7 kms polo entorno do Río Cabalar polo Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo (Vilasantar - Sobrado).
A saída será as 10:15h da Praza do concello en Xanceda. Visitaremos as 10:30 h o antigo Priorato Mosteiro de Santa Mª de Mezonzo, ruta de 7 kms e chegada con visita ao Santuario da Nosa Señora da Laxe.

Recollense inscricións ata o 11 de abril na Casa da cultura.

Coste 5€ ao subir ao bus.

Recomendamos roupa e calzados adecuados a andaina, asi coma as condicións meteorolóxicas do día.

Xov, 27/05/2021
RUTA SENDEIRISMO MANDEO CHELO -  Concello de Mesía

Percorremos desta volta a beira do Mandeo polo entorno de Chelo  (da Ponte de Teixeiro á Central eléctrica e volta); foi na mañan do domingo 23 de maio.

Xuntámonos 42 persoas con gañas de andar, acudindo nos nosos coches e mantendo distanciamento entre os grupos.

Lun, 19/04/2021
 RUTA SENDEIRISMO DO TAMBRE POR SIGÜEIRO - Concello de Mesía

Primeira Ruta da tempada, por fin podemos xuntarnos! Comezamos con 12 quilómetros polas beiras do Tambre a altura de Sigüeiro na mañan do domingo 18 de abril.
Xuntámonos 45 persoas con gañas de andar , acudindo nos nosos coches e mantendo distanciamento entre os grupos.
Así xa comezamos cunha series de andainas que faremos ao longo do ano 2021. A próxima en maio a Chelo.

Aquí podedes ver o álbum completo do día do Facebook Deporte Concello Mesía.

Mér, 31/03/2021
CAMPAMENTO  XOECON SEMANA SANTA CONCELLO DE MESÍA 2021

No campa de semana santa 2021 divertímonos con 26 nenos/as nas Instalacións das Brañas de Visantoña (aula de natureza, local social e campo fútbol) os días  29, 30 e 31 de marzo.

Aquí tedes a ligazón a nova completa e das imaxes do campa.

Mér, 20/03/2019
IOGA DO RISO MULLER 2019

O 8 de marzo tivemos IOGA DO RISO no pavillón de Visantoña.

O 15 DE MARZO Tivo lugar na Casa da cultura a presentación do documental TECIDO RESISTENTE, da mán da súa directora: Maria Chiavegatto.

 

Páxinas