O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas destinadas a particulares e comunidades veciñais para realizar actuacións para emendar os impactos paisaxísticos.
Poderán ser subvencionables obras de:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
A subvención pode chegar ata o 70% do proxecto co límite máximo de 3.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15/02/2024 ou ata que se esgote o presuposto.
Máis información en "Ler máis"
Noticias
Mar, 16/01/2024 |
|
|
Lun, 15/01/2024 |
A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días: Días: 21, 22 e 23 de Febreiro 2024 Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sito en Mata, parroquia de Xanceda. Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas. |
|
Ven, 29/12/2023 |
Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía. |
|
Ven, 29/12/2023 |
O CONCELLO DE MESÍA PROPORCIONARÁ, DE BALDE, COMPOSTEIROS E ASESORAMENTO PARA QUE, A VECIÑANZA QUE DISPÓN DUN PEQUENO TERREO, POIDA AUTOXESTIONAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS QUE SE PRODUCEN NO FOGAR. |
|
Xov, 21/12/2023 |
Novidade no Nadal con xornadas de entretemento, de fomento e de coñecemento das actividades físicas e deportivas municipais que realizamos dende o Concello de Mesía. Abriremos as portas das nosas clases para toda a xente que queira probar, e os que asistides con normalidade xa. Vir con algún detalle ou motivo navideño ao pavillíon de Olas. Idades: Para maiores de 12 anos, adultos e maiores. Inscricións: Quen queira probar só ten avisar ata 2 días antes no teléfono 699 453 750. (Mínimo 10 persoas por actividade.) |
|
PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS PROCESO SELECTIVO MESTRE N1 OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO RIO SAMO VIXov, 21/12/2023 |
O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI. |
|
Mér, 20/12/2023 |
Publicamos xa os cadros de competición, asi coma o cartel do Torneo contra o cáncro onde figuran os patrocinadores: Carpintería Ramón García, Erimsa, Campo SL. Así coma empresas e asociacións colaboradoras. No Torneo infantil teremos 10 equipos, que xogarán na tarde do venres 22 de 15h a 20h, e no senior 9 equipos que xogarán o sábado 23 de 11:00h a 19:30h. Animamos ó público a acudir ao Pavillón de Olas para apoiar nestas causas solidarias co coste da entrada 2 € e compra voluntaria de rifas, a favor da AECC e AMARAI. As furnas atoparanse xa o día 22 nesta instalación. |
|
Mér, 20/12/2023 |
Actividade dirixida a rapazes/as de 14 a 16 anos. Trátase de pasar unhas vacacións facendo actividades novidosas á vez que interesantes, e nas que exploraredes: a vosa creatividade, o sentido do ritmo, e enfrentedes a posibilidade de defendervos dos pequenos riscos do día a día. As actividades propostas son: Baile moderno, grafiti, primeiros auxilios e defensa persoal. Lugar : Brañas da Valga de Visantoña. Días: 2, 3 e 4 de xaneiro. Prezo: 10€, as tres actividades. Inscrición: ata o 27 de decembro. Mandar un correo a casadacultura@concellodemesia.gal coa folla de inscrición adxuntada nesta nova. (en ler máis) |
|
Mér, 20/12/2023 |
O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI. |
|
Mar, 19/12/2023 |
O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- seguinte ›
- última »