PROGRAMACIÓN PARA O 25N DO CONCELLO DE MESÍA

Lun, 16/11/2020
PROGRAMACIÓN PARA O 25N DO CONCELLO DE MESÍA

Achegámosvos a programación do Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero. 

  1. Adhesión a campaña da Deputación  da Coruña De FRONTE á Violencia de xénero,  podedes acceder a ela PINCHANDO AQUÍ,  atoparedes actividades moi interesantes para tod@s.
  2. Nos colexios traballarán cas actividades e propostas desta campaña,  ademáis o xoves 26 N o Concello achegará unha obra de teatro  “azul e rosa” da compañía Perez y Fernandez  ( que fará dous pases ) ó CPI de Xanceda e unha sesión de contacontos “utopías “ a cargo de Atenea García de Xarope Tulú  ás  unitarias de Olas e Visantoña.
  3. Dende o concello tamén faremos unha xuntanza de xogos para nenos e rapaces en liña este venres 20 de novembro na tarde (con 3 grupos separados: infantil, primaria e secundaria).
  4. Por último non vos esquezades da nosa manifestación, precisamos da vosa “mirada” DE FRONTE ´aviolencia de xénero, enviadenos a foto dos vosos ollos para poder facer o cártel máis grande de rexeitamento á violencia de Xénero.

 Moitas grazas por participar da nosa programación!!!