Noticias

Lun, 04/03/2019
TECENDO EN IGUALDADE CONCELLO DE MESIA 2019

Tecendo igualdade é o lema da campaña do Concello de Mesía para conmemorar o día 8 de marzo, día da muller.

     As mensaxes de loita a favor da igualdade entre homes e mulleres debe ser unánime e contundente. Por este motivo, cremos que debemos colaborar todos na súa difusión e tamén facer visible a unión social dende todos os ámbitos ; familias, escola, Concello.. na procura dunha sociedade mais xusta  para os/as nenos/as.

CLICA en "Ler máis" para ver actividades da campaña.

Dom, 03/03/2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019

Case 300 entroideiros viviron a Festa de Entroido 2019 do Concello de Mesía o 2 de marzo.

Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, desfrutaron dunha divertida tarde con obradoiros, inflables, desfile de disfraces, agasallos e gran merenda con chocolate e rosca.

A festa comezou as 16 horas e ofreceu actividades para todas as idades. Entre as propostas preparadas, xogaron con cinco elementos inchables para os nenos e nenas ademais dunha zona para xogar peques.

Mar, 26/02/2019
ENTROIDO MESIA 2019

O vindeiro sábado 2 de marzo celebraremos o Entroido cunha gran festa chea de disfraces, inflables, talleres e moito máis.

Os/As rapaces/zas que participen no Desfile de disfraces recibirán un agasallo.

Disfruta dunha tarde chea de diversión e merenda connosco. Haberá chocolate e rosca para todos/as.

Agardámosvos ás 16:00 no Pavillón de Visantoña!!

Mar, 19/02/2019
PRIMAVERA 2019 CONCELLO DE MESÍA

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2019.

En marzo empezamos co Entorido na Festa o día 2. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, ca actividade de Ioga do riso, ca presentación do documental "Tecido resistente" e co teatro para adultos "Eu queriame casare". Comezaremos tamén cas saídas ao Balneario de Brión.

Mér, 30/01/2019
ITV Agrícolas 2019

A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días:

Días: 20 e 21 de Febreiro 2018

Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sita en Mata, parroquia de Xanceda.

Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas.

Para solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00, ou a través da web: www.sycitv.com

 

Nota: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Mér, 09/01/2019
NADAL 2018 CONCELLO DE MESIA PATÍN XEO

Gran resposta nas actividades, eventos e saídas de Nadal 2018 organizado polo Concello de Mesía.

Comezamos nas escolas co Apalpador, con Festas de actividades municipais coma Ximnasia maiores, aerobic, pequebaile e patinaxe.

Fixemos obradoiros de adornos e cociña navideños.

As saídas lúdicas foron de máis de 100 persoas cada unha: Patinar sobre xeo no Burgo e ao Cine, e a Xuvenlugo.

Os eventos deportivos solidarios tamén foron un éxito (ver nova aparte).

Por último comezamos este ano con ilusión na Festa de Reis.

Mér, 02/01/2019
CAMPAÑA DE INVERNO 2019

Campaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes no concello de Mesía. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

Mér, 02/01/2019
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

A undécima edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou o  29 de decembro 3.069 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. As responsables da AECC en Ordes, recibiron os cartos de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias e do Concelleiro de deportes.

Ven, 21/12/2018
Foto Bo Nadal

Dende o Concello de Mesía desexámosvos unhas Boas Festas.
Aquí vos deixamos un vídeo de Nadal, escoitádeo, compartídeo é sobre todo... desfrutádeo!!!
BO Nadal!

Ver o Vídeo

Lun, 10/12/2018
TORNEO INFANTIL SOLIDARIO 2018

O venres 28 de decembro, durante a tarde, xogarase no Pavillón de Olas a IV edición do Torneo Infantil de fútbol sala "Mesía solidaria".

Este Torneo solidario de fútbol sala organizao novamente o Concello de Mesía para recadar ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS (para Cáritas da Comarca) e cartos a favor da ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, AMARAI, de Boimorto.

PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA:  1 Kg de comida por participante e persoa do público (lembrade que deben ser produtos non perecedoiros) e 1 € para doar a AMARAI.

Páxinas