Noticias

Mér, 11/11/2020
MIRAR DE FRONTE A VIOLENCIA CON MOTIVO DO 25N

Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero.

Meterémolas ata o 23 de Novembro nese espazo.

Enviar as fotografías a: casadacultura@concellodemesia.gal (nós poñerémoslle o voso nome enriba).

Mar, 10/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.


Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.

Todas aquelas persoas interesadas deberán anotarse, na Oficina de Emprego de Ordes, para participar no dito obradoiro de emprego como data límite o 13.11.2020, inclusive. Acórdense de pedir cita previa.

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Máis información en “Ler máis…” ou chamando ao concello ao 981687001.

Sáb, 07/11/2020
MOVETE MESIA EN LIÑA_2ª semana

Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!!

Pinchando aquí tedes toda a información.

¿Cómo insribirvos?  Avisando por teléfono no 699 453 750.  Faremos listaxes por actividades e mandaremos o enlace para cada grupo.

ACTIVIDADE GRATUITA

Ven, 06/11/2020
PINTEMOS UN NOVO ANO! CONCELLO DE MESIA 2021

Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos???

Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo.

Ven, 06/11/2020
 EN MESÍA MIRAMOS DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do próximo 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero" a Deputación pon en marcha unha campaña online e colaborativa baixo o lema "De fronte á violencia de xénero".

O Concello de Mesía súmase a esta campaña mirando de fronte á violencia de xénero neste mes de novembro: iremos avisando das actividades da campaña para que participedes en liña, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.  #defronte

Ven, 06/11/2020

O Concello de Mesía informa de que onte, 05.11.2020, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das axudas do concello adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

Polo tanto, comunícase que abre o prazo de solicitudes das ditas subvencións dende hoxe, 06.11.2020 ata as 14.00 horas do día 25.11.2020. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Mesía.

Máis información en "Ler máis", no Enlace http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-axudas-do-concello-de-mesia-para-reactivacion-economica-e ou chamando ao concello ao 981687001.

 

Lun, 02/11/2020
PEL REACTIVA

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 02/11/2020,  por Decreto de Alcaldía núm. 352/2020 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía adherido ao Fondo de Financiamento da Deputación Provincial da Coruña para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL REACTIVA) coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as.

A contía destinadas a atender as solicitudes das ditas axudas é de 36.682,54 €, sendo a achega da Deputación Provincial da Coruña de 29.346,03 € (80%) e a achega municipal de 7.336,51 € (20%).

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará ás 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020 segundo a Resolución núm. 2020/32931 da Presidencia da Deputación de constitución definitiva do Fondo de Financiamento publicado no BOP núm. 181, do 28/10/2020.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello: https://sede.concellodemesia.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981 687 001.

Lun, 02/11/2020
ACTIVIDADES EN LIÑA CONCELLO DE MESIA 2020

...Mentres están suspendidas as nosas actividades físicas presenciais: abrimos horarios para facer desde a casa!!

¿Cómo insribirvos?  Avisando por teléfono no 699 453 750

¿Cómo "ir a clase"? Enviaremos  ligazóns  semanalmente para ver no ordenador, tableta ou móvil. (Recomendable ordenador para ver mellor)

+ Info clicando en Ler máis...yes

Ven, 30/10/2020
FESTA DE SAMAIN EN LIÑA CONCELLO DE MESIA 2020

Onte fixemos a terrorífica Festa do Samaín en liña, ao non poder xuntarnos en persoa nesta tempada. Conectáronse varios nenos/as con adultos para xogar cas probas, disfrazarse, bailar, adiviñar e, en fin, pasar unha tarde divertida en grupo.

As bruxas do Samaín repartiron agasallos, para recoller por participar.

Adxuntamos algunhas fotos do evento, e animámosvos para participar nas próximas festas.

Xov, 29/10/2020
Parque eólico Balindos

Consultas na evaluacion do impacto ambiental do proxecto Eólico PE Balindos cunha potencia de 54MW ubicado no T.M de Po (Lugo) e a súa infraestrutura de evacución.

Páxinas