HOXE ENTREGÁRONSE OS PREMIOS DO CONCURSO ESCOLAR DE BANDA DESEÑADA NO CPI DE XANCEDA

Xov, 19/06/2014

Hoxe, no marco da festa de fin de curso 2013-2014 do CPI en Xanceda, entregáronse os premios do III Certame de Banda Deseñada, convocado polo centro educativo e polo Concello de Mesía con motivo do Día das Letras Galegas. En categoría de educación infantil, o primeiro premio correspondeulle a Nicolás Otero Botana, da escola de Olas, ao que a concelleira de Educación, Pilar Sánchez, lle levou o premio ata o seu colexio. O segundo premio foi para Lucas Rodríguez Quindimil e o terceiro para Sara Martínez Quindimil. En categoría de educación primaria, primeiro premio para Daniel García Neira, segundo para Yaiza Fernández Gómez e terceiro para Antón Quindimil García. En categoría de educación secundaria, primeiro premio para Victoria Iglesias Grobas e segundo para Belén Ferreño Carro. Ademais, entregouse unha mención especial para Andrea Louro Vázquez, por ser a súa a creación que mellor utilizou como argumento a figura de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras. Está pendente de coñecerse a mención especial da votación no blog do certame: bdmesia.blogspot.com. O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, acudiu á entrega de premios no colexio e felicitou aos gañadores e en xeral a todo o alumnado polo seu traballo.