A IV CARREIRA DO CONCELLO DE MESÍA DISPÚTASE ESTE SÁBADO 13 DE SETEMBRO, CON PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O VENRES A MEDIODÍA

Lun, 08/09/2014

Este venres 12 de setembro, a mediodía, remata o prazo de inscrición na IV Carreira Concello de Mesía, que se disputa ao día seguinte, sábado 13 de setembro.

Inscricións

As inscricións son de balde e poden formalizarse no correo electrónico mjgrobas@hotmail.com. Deberán incluír nome e apelidos, DNI, data de nacemento completa, xénero, lugar de procedencia e club no que se compite, de ser o caso. Tamén hai que expoñer a proba na que se desexa participar e acompañar autorización, no caso de menores.

Carreiras

A carreira xeral, de doce quilómetros de lonxitude con alternancia en circuíto de terra e asfalto, comezará ás 18:00 horas, con saída desde o campo de fútbol municipal en Visantoña. Dez minutos despois sairán os participantes na Minicarreira Popular Concello de Mesía, de seis quilómetros de lonxitude. Ás 19:15 horas, sairán as carreiras das categorías de base, comezando pola cadete e rematando pola pitufo. Os participantes poderán recoller os dorsais entre as 17:00 e as 17:30 horas do sábado 13 de setembro. O Concello de Mesía advirte de que durante o transcurso da proba, entre as 18 e as 19 horas, vanse producir cortes puntuais de tráfico nas estradas.

Categorías

Por categorías, a IV Carreira (a de 12 km) comprende sénior (18 a 34 anos), veteranos-as A (35-44 anos), veteranos-as B (45-54 anos), veteranos-as C (55-64 anos), veteranos-as D (65 anos ou máis). A MiniCarreira contará con sénior (17 a 34 anos), veteranos-as A (35-49 anos) e veteranos-as B (50 anos ou máis). En canto ás carreiras de base, serán estas: 200 metros en pitufos-as (5 anos ou menos), 800 metros en benxamíns (6 a 9 anos), 1.600 metros en alevíns (10 a 13 anos), e 3.000 metros en cadetes (14 a 17 anos).

Premios e colaboracións

A organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría en cada carreira, e tamén ao corredor de maior idade, sexa masculino ou feminina. No traxecto, os corredores disporán de avituallamento. Ao final das probas, tamén se servirán uns petiscos para repoñer forzas. Colaboran neste vento deportivo: Mesón Novo, Eroski, Carpintería Ramón García, Autoservizo Xelo, 'A Fonte' do Mesón do Vento, Panadería Sánchez de Abellá, Restaurante Manteiga de Visantoña, Eurofruit, Froitas Hermanos León, A Tenda dos Queixos, Progando, Panadería Boga, Casa Zapateiro, Pascual, Pinturas Tocho de Betanzos, Coca-Cola, Panadería Gende, Panadería A Telleira, Argal, Panadería Visantoña, Cooperativa Central, Club Atlética A Silva, Casa Grande de Xanceda, Panadería Pedro Fernández, Restaurante Canaima e Celega. Pode seguir o evento a través do facebook do departamento municipal de Deportes:
https://www.facebook.com/events/1553448308199974/.