O VINDEIRO VENRES 16 REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA SAÍDA DE ESQUÍ DO CONCELLO DE MESÍA A LEITARIEGOS

Lun, 12/01/2015
Leitariegos

Este venres 16 de xaneiro concluirá o prazo para inscribirse na saída á estación de esquí de Leitariegos (León), que o Concello de Mesía programou para o domingo 25 de xaneiro. A actividade, condicionada a un mínimo de quince persoas inscritas, sairá da Praza do Concello en Xanceda ás catro da madrugada do sábado ao domingo. Os prezos son de 43,50 euros para as persoas adultas que saiban esquiar, de 37,50 euros para quen non saiba esquiar, e de 35 euros para nenos e nenas de ata catorce anos de idade. Tales importes inclúen o desprazamento en autocar, o fortait e o aluguer do material. A práctica de 'snow' incrementará o preo en 8 euros e as clases en 8,90 euros por hora e alumno, estando supeditadas a un mínimo de seis persoas e un máximo de dez. Pódese obter máis información e efectuar as inscricións chamando ao 981 68 72 41 ou enviando un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es, antes do venres 16 de xaneiro.