OS REIS MAGOS ENCHEN DE ILUSIÓN O CONCELLO DE MESÍA

Lun, 05/01/2015

Os Reis Magos acudiron fieis e puntuais á súa cita cos nenos e nenas de Mesía, que os recibiron durante a tarde de hoxe nunha festa especial no pavillón polideportivo municipal en Xanceda. 

Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a todos os cativos para repasar todo o que pediran para a noite de Reis e incluso recoller algunha petición de última hora. Como adianto, entregáronlles paquetes de gominolas e agasallos.

A festa contou tamén con tres xogos inchables diferentes, un touro mecánico, un obradoiro de globoflexia, un obradoiro de elaboración dunha estrela fugaz ou actividades de baile. 

Para todos, tanto para os nenos e nenas como para as persoas adultas que os acompañaron na recepción dos Reis Magos, ofreceuse unha merenda con roscón de reis, chocolate e refrescos. 

 

Galería de imaxes: