AXUDAS PEL RURINNOVA_MOCIDADE EMPRENDEDORA

Lun, 20/07/2020

Convocatoria:
Bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RURINNOVA para o fomento do emprendemento entre a mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as axudas ao emprendemento individual de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.


Finalidade e obxecto:
A finalidade destas axudas PEL RURINNOVA é o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo, empadroados en concellos da provincia da Coruña, entre eles, no de Mesía.

Estes incentivos terán o obxecto de crear oportunidades de emprego estable e de calidade, converténdose nun instrumento para favorecer a creación de tecido empresarial no territorio rural da provincia da Coruña.


Persoas destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas mozas menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo que, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sexan promotoras de iniciativas empresariais, que:
- Se incorporen ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) xa sexa como persoas físicas ou como persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
- No caso de alta no RETA como persoa xurídica e sendo ésta a solicitante dunha axuda, só poderá incluír na súa solicitude as altas no RETA de persoas mozas socias que cumpran os requisitos especificados neste apartado.
- No momento da solicitude desta axuda, as persoas teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos, ambos inclusive. Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias da axuda se a solicitan antes de que transcorran 4 messes. No caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe nas actuacións do proxecto, poderá manter a súa participación.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á alta no RETA. As persoas que non foran debidamente inscritas no dito sistema antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
- Estar empadroados en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios sinalados na convocatoria (entre eles Mesía).
- Establecer o domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
- Admítese o teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza autónoma resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias en relación coa Lei xeral de subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade social en relación coa Lei xeral de subvencións.
- Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa Deputación da Coruña.
- Presentar o proxecto empresarial e recibir unha valoración favorable por parte da Deputación Provincial.


Axudas:
PEL RURINNOVA_MOCIDADE EMPRENDEDORA
Emprendemento: Por cada autónomo/a
Fórmula para o cálculo da axuda: SMI x 0,75 x mes xustificado
Límite temporal da axuda: Mínimo 6 meses. Máximo 12 meses.


Forma e prazo de presentación:

As persoas mozas interesadas en particpar na convocatoria de axudas PEL RURINNOVA deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBTEL (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos de solicitude do apartado corresondente á convocatoria PEL RURINNOVA.

Para presentar a solicitude de xeito  telemático é imprescindible que a solicitante, no caso de persoas físicas, e/ou a representante legal da entidade, cando se trate de persoas xurídicas, dispoña de sinatura electrónica.

O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RURINNOVA determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no Boletín Oficial da Provinica, a través do Sistema nacional de Publicación de Subvencións.


Documentación a presentar:
No momento da presentación da solicitude, as entidades deberán proporcionar a información solicitada nos formularios e plantillas da plataforma telemática SUBTEL, e subir á mesma a documentaicón acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda.


Documentación xeral:
- Anexo I. Declaración de minimis.
- Anexo II. Autorización de representación só no caso de non coincidir coa persoa solicitante ou co representante legal da entidade.
- Anexo III. Memoria descritiva do proxecto empresarial e medidas de responsabilidade empresarial.
- DNI/NIE do/a mozo/a.
- Informe de vida laboral.
- Certificación do rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Información:
Máis información no concello chamando ao  981687001 ou premendo neste “Enlace”.