O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de solicitude de inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3 dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.
As competencias clave básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 de certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego a desenvolver no proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cursos nos que se poderá inscribir en posteriores convocatorias que abrirá a Deputación.
Poden presentarse á convocatoria as persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran unha serie de requisitos.
As solicitudes de inscrición preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede Electrónica do Concello de Mesía/PEL EMPREGO SUSTENTABLE. Se o/a interesado/a non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde se lle facilitará o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O prazo de presentación de solicitude de inscrición nas accións de competencias clave rematará ás 14:00 h do 5 de maio de 2021.