Ofertas de Emprego

  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción de acordo co Real Decreto - Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2024 da Deputación Provincial. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.426,09 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO É DENDE O DÍA 22 AO 28 DE MAIO DE 2024, AMBOS INCLUSIVE.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación dun peón para labores de mellora forestal no Concello de Mesía, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo co Real Decreto- Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais, e ao abeiro das bases da subvención concedida “Aprol rural 2024” da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de A Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.489,55 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación de DOUS PEÓNS para o Concello de Mesía, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo co Real Decreto- Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais, e conforme ás bases do Programa PEL-CONCELLOS 2024 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia (BOP nº 206 do 27/10/2024) da Deputación da Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.260,00 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias .O PRAZO DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO DITO PROCESO SELECTIVO É DENDE O DÍA 26 DE ABRIL AO O DIA 3 DE MAIO DE 2024, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE.
  • Ten por obxecto a presente convocatoria a selección dun/dunha funcionario/a interino/a, categoría de administrativo (grupo C, subgrupo C1, escala administración xeral, subescala administrativa), para cubrir unha vacante por excedencia voluntaria por interese particular, en tanto non se cubra regulamentariamente o posto por persoal funcionario de carreira a través dalgún dos mecanismos de provisión legalmente establecidos, de conformidade co artigo 10.1.a) do TREBEP. O nivel de complemento de destino é o 20 e o complemento específico anual ascende a 4.970,84€. Constituirase así mesmo unha bolsa de emprego para posibles futuros nomeamentos por incapacidade laboral temporal, renuncia ou situacións análogas.As funcións propias do posto son as tarefas administrativas de carácter xeral, no departamento de obras, urbanismo e contratación, con xestión, tramitación e seguimento administrativo dos expedientes, colaboración con secretaría, información e atención ao público, así como calquera outra función, propia da súa capacitación profesional, tanto dentro da propia unidade como nos restantes departamentos e servizos municipais, cando as necesidades de servizo así o requiran. O prazo de solicitudes para participar no dito proceso selectivo é de dez días naturais a contar dende o 23 de decembro de 2023, inclusive.
  • Bases que teñen por obxecto a regulación dos aspectos comúns dos procesos selectivos das convocatorias para a cobertura, polo procedemento de estabilización de emprego temporal da disposición adicional sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, das prazas vacantes de persoal laboral fixo do Concello de Mesía, en execución da oferta de emprego público extraordinaria desta entidade local do ano 2022. Por Decreto da Alcaldía núm. 163/2022, do 20/05/2022, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público do Concello de Mesía para o ano 2022, para a estabilización do emprego temporal. A dita oferta publicouse no BOP núm. 98, do 25 de maio de 2022 e no DOG núm. 102, do 30 de maio de 2022. Por Decreto de Alcaldía núm. 494/2022, de data 14/12/2022, aprobáronse as bases xerais e específicas da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022. As ditas bases publicáronse no BOP núm. 238, de 19 de decembro de 2022 e a súa convocatoria publicouse no BOE núm. 311, de 28 de decembro de 2022.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, prevista no artigo 15.1. do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2023 da Deputación Provincial. As funcións propias do posto son a vixilancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía. A duración do contrato é dende o día 20 de xuño ao 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. O prazo de presentación de solicitudes é dende o 8 ata o 12 de xuño do actual, ambos inclusive.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo coa disposición adicional 9ª do Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego, dun peón para labores de mellora forestal no Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida “Aprol rural 2023” da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de A Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.453,25 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo coa disposición adicional novena do texto refundido da Lei de Empleo, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, de DOUS PEÓNS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa PEL-CONCELLOS 2023 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia (BOP nº 13 do 19.01.2023) da Deputación da Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.166,67 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O prazo de solicitudes para participar no dito proceso selectivo é dende o día 4 ao o 11 de abril de 2023, ambos os dous inclusive.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo coa disposición adicional 9ª do Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego, dun peón para labores de mellora forestal no Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida “Aprol rural 2022” da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de A Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.397,25 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, prevista no artigo 15.1. do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2022 da Deputación Provincial. As funcións propias do posto son a vixilancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía. A duración do contrato é dende o día 20 de xuño ao 31 de agosto de 2022, ambos os dous incluídos. O prazo de presentación de solicitudes é dende o 12 ata o 18 de maio do actual, ambos inclusive.
  • Ten por obxecto a presente convocatoria a selección dun/dunha funcionario/a interino/a, categoría de administrativo (grupo C, subgrupo C1, escala administración xeral, subescala administrativa), para cubrir a vacante temporal por baixa da funcionaria titular mentres dure a mesma.O nivel de complemento de destino é o 20 e o complemento específico anual ascende a 4.754,12 €.Constituirase así mesmo unha bolsa de emprego para posibles futuros nomeamentos por incapacidade laboral temporal, renuncia ou situacións análogas.As funcións propias do posto son as tarefas administrativas de carácter xeral, no Departamento de obras, urbanismo e contratación, con xestión, tramitación e seguimento administrativo dos expedientes, colaboración con secretaría, información e atención ao público, así como calquera outra función, propia da súa capacitación profesional, tanto dentro da propia unidade como nos restantes departamentos e servizos municipais, cando as necesidades de servizo así o requiran. O prazo de solicitudes para participar no dito proceso selectivo é do 11 ao 18 de maiode 2022, ambos os dous inclusive.
  • O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de TRES PEÓNS para o Concello de Mesía, ao abeiro do Programa PEL-CONCELLOS 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia . A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.125,83 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración do contrato é de cinco meses. O prazo de solicitudes para participar no dito proceso selectivo é do 23 ao 25 de marzo de 2022, ambos os dous inclusive.
  • FAISE SABER QUE DENDE O 01.03.2022 E ATA O 30.04.2022, ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA NAQUELAS QUE FIGURAN ABERTAS NO MOMENTO DA APERTURA DO PERÍODO DE INSCRICIÓN. PÓDESE CONSULTAR AS LISTAS ABERTAS NO DOCUMENTO ADXUNTO. MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO NESTE ENLACE https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes OU CHAMANDO AO CONCELLO AO 981687001
  • Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha técnico deportivo mediante contrato de obra ou servizo determinado. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.819,22 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración deste contrato quedará vinculada á baixa por maternidade da persoa que presta os seus servizos actualmente no Concello de Mesía, de tal xeito que na data en que aquela se incorpore ao seu posto, finalizará a duración do contrato. A duración da baixa é dende o 30 de marzo de 2022 e estímase en nove meses. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo comeza mañá, 03/03/2022, e remata o 09/03/2022, ambos os dous inclusive.
  • Ten por obxecto a presente convocatoria a contratación temporal dun/dunha TRABALLADOR/A SOCIAL mediante contrato de obra ou servizo determinado para substituír á titular do posto mentres dure á súa baixa, e crear así mesmo unha bolsa de emprego para cubrir baixas de xeito temporal. A xornada de traballo é de 37,50 horas á semana e o salario é de 1.922,56 € brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. A duración deste contrato queda vinculada á baixa da persoa que presta os seus servizos actualmente no concello de Mesía, de tal xeito que na data en que aquela se reincorpore ao seu posto, finalizará a duración do contrato. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo comeza mañá, 25/01/2022, e remata o 31/01/2022.

Páxinas