Axudas

Mar, 05/04/2022

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022:
 

·   PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

·    PEL-AUTÓNOM@S: : Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.

·     PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas.

·    PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro de PEL-PEMES CRECIÓN E AMPLIACIÓN 2021.

As bases das axudas PEL 2022 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 59 do 28 de marzo de 2022 ou premendo na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=28/03/2022

O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 11 de abril ata o 11 de maio ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeLhttps://sede.dacoruna.gal/subtel/

Máis información chamando ao concello ou na web do Plan de Emprego local, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

Mér, 04/08/2021


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade publicou hoxe, 04.08.2021, a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria das subvencións establecidas para o ano 2021 coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.


Establécense os seguintes programas de axudas:

a) Programa I: promoción do emprego autónomo (código de procedemento TR341D).

- Persoas beneficiarias: as persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

- Prazo de presentación de solicitudes: o prazo finalizará o 30 de setembro de 2021.
 

b) Programa II: programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (código de procedemento TR349F).

-Persoas beneficiarias: persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

- Prazo de presentación das solicitudes:
a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2021, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 12/07/2021


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou hoxe, 12.07.2021, no DOG núm. 131, a Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.



A finalidade desta axuda é a de apoiar ás persoas autónomas consolidadas a cal se concede para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Nesta convocatoria cóntase con dúas liñas de actuación:
- Liña 1. Mellora da competitividade a través de diferentes servizos.
- Liña 2. Mellora da competitividade a través de diferentes investimentos.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 13 de xullo e o 12 de agosto de 2021, ambos os dous inclusive.

Máis información en "Ler máis".
 

Lun, 14/06/2021

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 110, do 11.06.2021, a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Este III Plan de rescate consta de tres programas:
- Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A).
- Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B).
- Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C).

Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 03/05/2021


O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou, hoxe 03.05.2021, no Boletín Oficial da Provincia núm. 81a apertura do prazo de solicitude de subvencións para a realización de actividades durante o ano 2021 dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia de A Coruña.


Subvencionaranse proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal, que teñan como obxecto:
– A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais.
– Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios.
– Os desbroces, sementeiras vexetais, seguros e garderia do TECOR.
– O asesoramento e formación técnica para a investigación, mellora e innovación tecnolóxica.
– O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético.
– Accións tendentes á mellora da calidade xenética.

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: contratación de persoal técnico ou comercial, labores de implantación e acondicionamento de cultivos, desbroces, sementeiras, rozas mecánicas, podas, alternativas enerxéticas, tratamentos silvícolas para prevención de incendios, asesoramento técnico para a supervisión do proxecto, formación técnica co fin de conseguir o fomento das medidas obxecto de axuda nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 04.05.2021, e remata ás 14.00 horas do día 31.05.2021.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 23/03/2021


O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou, hoxe 23.03.2021, no Boletín Oficial da Provincia núm. 54 a apertura do prazo de solicitude de subvencións para a realización de investimentos durante o ano 2021 dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores daa provincia de A Coruña.


Subvencionaranse proxectos, que sexan investimento, destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto:
- A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais.
- Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios.
- Sinalización TECOR SOCIETARIO.
- O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético.
- Accións tendentes á mellora da calidade xenética.

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: Infraestruturas materiais e equipamentos técnicos (peches, acondicionamento de locais, repoboación forestal,sinalización TECOR, entutorados, adquisición ou adecuación técnica de maquinaria, isotermas, etc.), axudas a investimentos (construcións, instalacións, novas tecnoloxías e enerxías renovables), adquisición de equipos informáticos, investimentos que supoñan aforro enerxético.

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 24.03.2021, e remata ás 14.00 horas do día 26.04.2021.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 25/02/2021

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña no BOP núm. 37, de 25.02.21, publica as bases que teñen por obxecto regular as axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial e que van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os requisitos sinalados.

Convócanse 4 liñas de axudas:
1. PEL Emprende investimento. Apoio ao investimento en bens inventariables.
2. PEL Autonomos/as. Apoio ao emprendemento mediante o financiamento das cotas sociais.
3. PEL Pemes creación e ampliación. Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal.
4. PEL Pemes mantemento. Axudas ao mantemento do cadro de persoal.

Requisitos comúns a todas as liñas: Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional no caso de persoas físicas e no Rexistro mercantil ou no rexistro público correspondente, no caso de persoas xurídicas.

As entidades interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL deberán comunicar a súa vontade de adhesión á convocatoria e solicitar as liñas incluídas nestas bases, a través do apartado correspondente á convocatoria da plataforma telemática SUBTeL.

O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria das liñas de axuda PEL comezará o 11.03.2021 e finalizará ás 14.00 horas do 15.04.2021.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 24/02/2021


O Concello de Mesía informa de que a Conselleria de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia convocou axudas, no DOG núm. 36, do 23.02.2021, pola ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.


A convocatoria pública de axudas inclúe dous programas:
- Programa I.  Apoio ao sector da hostalería (procedemento TR500C)
Programa II. Apoio a outras actividades pechadas (procedemento TR500D).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (Hostalaría) ou como anexo II (Outras actividades pechadas), na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, sendo unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

O prazo de presentación das solicitudes será do 24 de febreiro ata o 23 de marzo do 2021, ambos os dous incluídos, ou ben ata o esgotamento de crédito.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 18/02/2021


O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou, hoxe 18.02.2021, a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.


A convocatoria pública de axudas distribúese en dous programas:
-Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
- Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (persoas traballadoras autónomas) e anexo II (microempresas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios e serán unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

O prazo de presentación das solicitudes será do 19 de febreiro ata o 18 de marzo do 2021, ambos os dous incluídos, ou ata o esgotamento de crédito.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 28/01/2021
PEL RELEVO

A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP núm. 2, do 05.01.2021, as bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RELEVO para o fomento da contratación da mocidade da provincia da Coruña e dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo, polas que se regulan as subvencións ás empresas para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A finalidade destas axudas PEL RELEVO é apoiar ao tecido empresarial rural na contratación laboral de mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados en concellos da provincia da Coruña, entre eles, en Mesía.

Estes incentivos terán o obxecto de crear oportunidades de acceso a emprego estable e de calidade, converténdose nun instrumento para favorecer o relevo xeracional no tecido empresarial do territorio rural da provincia da Coruña.

As persoas destinatarias destas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e/ou persoas autónomas (empregadoras), promotoras de iniciativas empresariais sustentables que, con anterioridade á data da publicación da convocatoria desta axuda, desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, calquera que sexa a súa forma xurídica, e reúnan os requisitos sinalados e que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Prazo de presentación da solicitude das ditas axudas finalizará ás 14.00 horas do 31 de decembro de 2021.

Máis información en “Ler máis”.

Páxinas