AXUDAS PLAN DE EMPREGO LOCAL PEL 2021

Xov, 25/02/2021

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña no BOP núm. 37, de 25.02.21, publica as bases que teñen por obxecto regular as axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial e que van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os requisitos comúns e especifícos de cada liña de axuda sinalados.

Convócanse 4 liñas de axudas:
1. PEL Emprende investimento. Apoio ao investimento en bens inventariables.
2. PEL Autonomos/as. Apoio ao emprendemento mediante o financiamento das cotas sociais.
3. PEL Pemes creación e ampliación. Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal.
4. PEL Pemes mantemento. Axudas ao mantemento do cadro de persoal.

Requisitos comúns a todas as liñas: Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional no caso de persoas físicas e no Rexistro mercantil ou no rexistro público correspondente, no caso de persoas xurídicas.

As entidades interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL deberán comunicar a súa vontade de adhesión á convocatoria e solicitar as liñas incluídas nestas bases, a través do apartado correspondente á convocatoria da plataforma telemática SUBTeL.

O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria das liñas de axuda PEL comezará o 11.03.2021 e finalizará ás 14.00 horas do día 15.04.2021.

Máis información pulsando neste "Enlace á convocatoria" ou chamando ao concello ao 981687001.